19/11/15

Visita moi especial! A bruxa Pitusiña

Coa chegada do Samaín a aula de nenos e nenas de 3 e 4 anos transformouse nunha clase embruxada chea de morcegos, pantasmas, cabazas, e incluso monstruos!








Nesta clase contamos sempre coa a axuda da Bruxa Caruxa, que cada día se encarga de recordarnos as normas do cole para ter unha boa convivencia, pero desta vez, deunos unha sorpresa moi grande. 

Cando chegamos á clase a Bruxa Caruxa había desaparecido, e no seu lugar enviou á sua filla, a Bruxa Pitusiña para que nos ensinara todo sobre as pócimas e os berberaxes. Con ela aprendimos que as pócimas son preparacións que serven para curar enfermidades, feridas...sen embargo, os berberaxes son preparacións que cheiran moi, pero que moi moi mal, e serven para facer feitizos. 

Bruxa Pitusiña

Entre todos preparamos unha gran tea de araña para que a Bruxa Pitusiña puidera facer o que nos tiña preparado...



Para demostrarnos isto, trouxo á clase un montón de ingredintes e preparamos entre todos un berberaxe cheirento e máxico. 





Botamoslle todo tipo de ingredintes, uns cheiraban moi mal e outros apetecía probalos! Usamos alas de mosca, saliva de lagarto, patas de grilos...e para remexer todo ben añadimoslle unha boa cantidade de cuspe de abellas. 



Moitas gracias pola visita Pitusiña! Esperamos que volvas pronto a visitarnos




Ningún comentario:

Publicar un comentario

queres deixar a túa opinión?