04/05/20

LETRAS GALEGAS 2020. MINIPROXECTO "RICARDO CARBALHO CALERO"

RICARDO CARBALHO CALERO

Letras Galegas 2020

Bos días familias!

Comezamos a semana cun miniproxecto do autor homenaxeado este ano 2020, Ricardo Carbalho Calero, incansable defensor da nosa lingua.

Imos aprender algunhas cousiñas del.

Para realizar actividades en liña remítovos á seguinte ligazón http://seminariogalan.org/inicio/ver/460

Imos estruturalo da seguinte forma:

DÍA 1:



Repasa as vogais con lapis e rotulador; e di os seus nomes.
Colorea a caricatura do autor.
Tamén podes facer un debuxo teu divertido.


Recorta, pega e pinta a caricatura de Ricardo Carbalho Calero.


DÍA 2:

Os autores e autoras galegas homenaxeadas neste día responden a un estereotipo básico: AMOR POLA LINGUA E POR GALICIA!!

Os nenos e nenas de 3 aniños estivemos traballando os seres mitolóxicos da nosa cultura: meigas, o Apalpador, trasnos, sereas... Recordades como é Galicia? Imos ver tamén onde está Ferrol, cidade na que naceu Ricardo Carbalho Calero.


Recordades onde está Lourenzá? Está cerca ou lonxe de Ferrol?
Para chegar temos que ir por carretera. En que medio de transporte temos que viaxar?


Colorea os medios de transporte que circulan por terra.

Colorea o can que está máis cerca da súa caseta. Rodea o que está máis lonxe.

DÍA 3:

Como ben dixemos ontes, Ricardo Carbalho Calero era un gran defensor da lingua galega.


Colorea as dúas palabras que máis che gusten.

Os nenos e nenas de 3 aniños levamos o mandilón de cor vermella e puxémonos o nome dun destes animaliños... Sabedes que animaliño vermello somos? Imos escribir o seu nome.

1. Observa como se escribe XOANIÑA.
2. Escribe as vogais e di os seus nomes.
3. Recorta as letras vermellas e colócaas na terceira liña formando XOANIÑA.

DÍA 4:

Un dos seus contos máis coñecidos para nenos e nenas é o seguinte, que conta unha anécdota que lle pasou a el e á súa familia cando era pequeno. O Seminario Galán déixanos esta versión dun anaquiño feito con pictogramas.


Gustouvos? Que outro nome teñen as pitas?


Repasa as vogais primeiro, e di os seus nomes.

Podedes empregar diversos materiais para coloreala e decorala.


Onde viven as galiñas? Podedes empregar as letras dos nosos traballiños (@s nen@s de 3 anos) ou de calquera xogo para formar a palabra:
GRANXA
(@s maiores xa a podedes facer en minúscula. Atrevédesvos?)


Na segunda ficha... 
@s maiores podedes escribir en maiúsculas ou minúsculas (segundo vos digan as vosas mestras)

@s máis pequeniñ@s recortade os animais e pegádeos no seu recadro correspondente.
Igualmente, podedes xogar coas letras e formar os nomes dos animais.


Estas dúas fichas son para @s máis maiores.

DÍA 5:
E... continuamos cos animais... e traballando un pouquiño a lóxica-matemática.


Rodea e colorea os animais.


1. Colorea de AZUL a caixa que ten máis grans de millo.
2. Cal é a 2ª caixa? Ríscaa de cor VERMELLO e di cantos grans ten.
3. Onde hai 3 grans de millo? Pinta os grans de cor AMARELA.


Como hoxe foi un día de mooooito traballiño, apetécevos un pouco de diversión? Na seguinte ficha temos que facer tantas pingas como nos di. Dámoslle un toque de cor azul cun experimento?

En primeiro lugar, hai que ter en conta que este tipo de colorantes non se poden conservar moito tempo. Esto débese a que oxidan y cambian a súa tonalidade se non se empregan de forma inmediata. Ademais degrádanse rapidamente e pode chegar a formarse mofo, ainda que é posible engadir algún aditivo para conservalos.

Por esta razón unicamente se obtenerán cando vaiamos usalos, utilizando algún destes métodos:
  1. Licuar a verdura ou froita para obter o zume e fervelo para que se evapore o exceso de auga.
  2. Cortar en trozos a froita ou verdura e deixar en remollo dentro dun tarro de vidro con auga, alcohol ou aceite. Cuando pasen varios días, soltará a cor de base auga, tintura (alcohol) ou aceite.
Cando teñamos a "pintura" facemos a ficha.



DÍA 6:
REPASO: Continuamos un día máis con lóxica-matemática e atención, taaan importante no desenvolvemento d@s nos@s nen@s. Pero non nos esquecemos da GALIÑA que nos trouxo ata aquí... asique... recordamos...

1. Como se escribe GALIÑA? Cales son as súas vogais? Recordades o outro nome que ten en galego?

1. Rodea as vogais. Cales son? Di os seus nomes.
2. Escribe encima do A e I a cantidade delas que atopaches.
3. Repasa os nomes da galiña con lapis.

ALTERNATIVA: @s maiores podedes escribir os nomes enteiros vos soíñ@s.
Temos no blogue de 3 anos as letras para poder xogar con elas e formar palabras.



Na segunda ficha...
Colorea só os animais da granxa.

Que comen estes animaliños? Fixádevos na seguinte imaxe e buscade as diferenzas.


Que está comendo a galiña na segunda imaxe? E que outro alimento vimos que come?

VERME - MILLO

Onde viven? Os seguintes animales son todos da granxa? Úneos coas súas crías.

Colorea cada animal e a súa cría da mesma cor, despois de unilos.

DÍA 7:



O OVO E O POLIÑO: Ontes fixemos a ficha de asociar cada animal coa súa cría. Un dos animais era a nosa protagonista, a galiña. Quen é a súa cría? Como nace?


Colorea, recorta e ordena o proceso de nacemento dos poliños.

E agora... un pouco de creatividade...




Se na casa comedes ovos cocidos, gardade as cáscaras e podedes empregalas para decorar estes ovos, dándolles cores diferentes a cada un dos cachiños.
Gústavos a idea?

DÍA 8:

E como non pode ser doutra forma na educación... hoxe toca falar de emocións, de como nos sentimos. Por iso, vou comezar cun "Que tal estades?".


Na seguinte ligazón podedes atopar unha proposta moi interesante para traballar as emocións: http://mundodemilu.org/es/20




Como se sente cada verme ou miñoca? Debúxalle a cara que corresponda.
E ti... como te sentes? Pinta o verme ou a miñoca que máis te represente hoxe.

 Podes trazar o recorrido da galiña ata o verme de múltiples formas:
- Con lapis e rotulador.
- Con pegadas de cores co dediño mandón.
- Con pegatiñas.
- Pegando anacos de papel.




Debuxa 2 círculos e colorea o verme seguindo a serie:
AMARELO - AZUL - VERMELLO

DÍA 9:

Estamos a piques de que chegue o gran día da nosa lingua. Espero que vos gustara este pequeno proxectiño sobre RICARDO CARBALHO CALERO e a súa obra infantil "AS PITAS BAIXO A CHOIVA".

E despois de tanto traballiño merecedes un día de xogos e arte. Iso si... relacionados co noso autor e a súa obra.




Aquí outros xogos de formar parellas en liña dos animais da granxa, facer crebacabezas, etc.:




XOGO CON LUCES E SOMBRAS


Que precisamos? Só o que vedes na imaxe: 
AMBIENTE ESCURO
Un punto de luz que poidamos enfocar
Unha parede de fondo onde poidamos pegar un papel
Os animais que teñades na casiña (ou outros obxectos)
A DISFRUTAR!


E, para finalizar...

Camiño de xardín con galiñas. Gustav Klimt

E... se intentades facer a vosa propia versión?
Fixádevos ben na imaxe!! É sinxela!!
Que cores hai? Cal é a que máis destaca?
Que vemos no centro da obra?
Que animais hai? Cantas hai?
Todo é natureza! Á que temos que coidar e querer!

Á VOLTA FAREMOS COS VOSOS DEBUXOS UNA EXPOSICIÓN DE ARTE!
SODES GRANDES ARTISTAS GALEGOS!


DÍA 10:

ESTADE ATENT@S AO BLOG!
Desvelaremos a palabra máis fermosa en galego.
"A PALABRA MÁIS FERMOSA EN GALEGO"

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!



IMPORTANTE:
A maior parte da información exposta neste blogue, así como as fichas que teñen o círculo negro no inicio pertencen ao Seminario Galán, cuxo infografía, ademais doutras actividades doutros centros, podedes ver nesta ligazón https://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0058/2020-ricardo-carballo-carvalho-calero