Para facer tal cousa primeiro aprendimos un pouco o que era a masa de sal, ulímola, probámola, moldeámola...
Masa vermella |
Masa branca |
Como a cantidade de masa que tiñamos era pouca, decidimos facer mais para poder ter moitos monstros.
O primeiro paso era engadir dous vasiños de sal por cada monstro que fixeramos, coa a axuda da mestra fumos apuntando todos os ingredintes no encerado para non cometer ningún erro.
Algúns nos animamos a probar o sal...e descubrimos que sabe un pouco mal se se come directamente
O paso seguinte foi engadir fariña. Desta vez a cantidade era menor ca do sal, só unha medida por cada monstro.
Descubrimos incluso, que na mezcla de fariña e sal era posible escribir! Estivemos facendo o número 1. "Arriba un sombreiriño e abaixo un pauiño"
Despoís engadimos auga á mezcla seca, e foi aquí cando comezou a verdadeira diversión. Fomos amasando pouco a pouco procurando non mancharnos, pero facer un monstro da moito traballo, así que acabamos con masa hasta no pelo!
Para facer o corpo do monstro, fixemos dous números uns. Despois lle fomos dando forma de corpo.
Para a cabeza do monstro puxemos unha galleta de chocolate...e sabía tan tan ben que acabamos comendoa! Que ben o pasamos!
Ata a próxima aventura
Ningún comentario:
Publicar un comentario
queres deixar a túa opinión?