28/04/20

MINI PROXECTOS DOS LÁCTEOS

MINI PROXECTO "OS LÁCTEOS"

Bos días familias!

Achégase unha pequena ponte e quería propoñervos facer un mini proxecto sobre os lácteos.

No colexio participamos nun plan que se chama "Aliménta-t ben". Tiñamos preparadas un montón de actividades que realizar c@s peques, pero... non puido ser... Por iso vos pido a vosa colaboración para poder levalo a cabo desde as vosas casiñas.


DE ONDE SAE O LEITE?
E
QUE TIPOS HAI?


Escoitástedes ben? De onde sae o leite? E que se pode facer con el? Que é o que máis vos gusta?


ESCRIBE TI SOÍÑ@ AS PALABRAS VACA E LEITE.
RODEA TODAS AS VOCALES: A E I


RODEA OS LÁCTEOS E DI OS SEUS NOMES.

PARA QUE SON BOS OS LÁCTEOS?






Pois si... apórtanos moito calcio para crecer fortes e sáns, e tamén para ter unha dentadura xenial.


COMPOÑEMOS O NOSO ESQUELETO? PODEDES COLOREALO DE CORES DE FORMA ORIXINAL.
Para facelo máis consistente e poder colgalo... podemos pegar o cráneo e tórax nun bote de iogur ou bebible e poñerlle un cordón.

QUE RECEITAS PODEMOS FACER CON ELES?

Que se vos ocuore? A min... desde un colacao ata unhas filloas. Hai multitude de comidas que conteñen lácteos.

Propóñovos, neste momento, un taller de cociña... ou... unha xornada de cociña en familia. 
Pasos a seguir:

1. Escolle unha receita que conteña lácteos (leite, iogur, queixo, manteiga...). Pídelle axuda a mamá, papá, avóa, avó... Seguro que teñen moitas ideas.

2. Lava ben as mans e... a cociñar.

3. Disfruta do proceso. Ten paciencia. Faino con coidado. E deixa que che axude un adulto nas tarefas máis perigosas (como bater).

4. Pídelle a ese adulto que te grabe nun vídeo explicando a receita.

5. Fai un debuxo dos ingredientes e do resultado final, co nome da receita. Con ela faremos un RECEITARIO.

Na seguinte ligazón, déixovos a receita dun biscoito de iogur. Moi sinxelo e saboroso!

GÚSTAME MOITO ESTA RECEITA PORQUE É MOI COMPLETA Á HORA DE TRABALLAR C@S NEN@S, POIS USA CUANTIFICADORES ATA O NÚMERO 3 E UN SISTEMA DE MEDIDA MOI SINXELO.



Para finalizar, non me quero esquecer do medioambiente e a reciclaxe, xa que a maior parte dos embases de lácteos son de plástico. Por iso, dedico este último apartado a...

ONDE RECICLAMOS OS SEUS EMBASES?
OU MELLOR...
REUTILIZÁMOLOS?

Aquí vos deixo unhas ideas...


1. XOGO DE ENCESTAR CON BOTES DE IOGUR E TAPÓNS
2. BOLOS
3. CAIXAS DE TESOUROS OU DE SEGREDOS
4- COGOMELOS (XA QUE ESTAMOS COAS FADAS)


Pero como non podemos gardar todos os botes dos iogures que comemos... recordade... onde tiramos o plástico? A onde van os embases? Ao contenedor...


Espero que vos gustase este proxectiño.

Un biquiño Xoaniñas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

queres deixar a túa opinión?