13/03/20

Suxerencias actividades 3 anos

TEMPO DE EXPERIMENTOS

Bos días familias 🐞🐞

Hoxe é o día 2 do noso miniproxecto "Ricardo Carbalho Calero" no que falamos de pobos, de distancias e de medios de transporte.

Pois para divertirnos un pouco, déixovos este experimento que estou seguro de que a máis de un e unha lle vai encantar.


Podedes facer unha carreira a ver que coche chega primeiro.

A maiores propóñovos observar e fixarvos na forma que teñen que ter as rodas para poder moverse. E, se vos apetece, debuxar o coche que acabades de construir.

Bo día!!


A CEBRA CAMILA




Bos días 😄

A cebra Camila é un conto que fala de valores tan importantes como a SOLIDARIDADE, EMPATÍA e a XENEROSIDADE.

É un relato fermoso para comezar o día cun sorriso e tamén para presentarvos a seguinte vogal. Estade atent@s! Que letra lle falta a CAMILA?


Coma sempre, recurrimos ás letras do alfabeto para xogar a compoñer o nome de CAMILA.

E...


De que vos soa esta lupa? Siiii... Do XOGO DOS DETECTIVES! Hoxe buscaremos a vogal I. 
Pedídelle a mamá ou papá un xornal e comecemos. Olliños ben despertos eh!
Ide recortando e pegándoas no folio da letra I.

Logo...
Rodea todas as letras I e escríbea no recadro azul.

Logo de todo este traballiño, merecedes un bo ratiño de xogo libreImaxinade, creade, imitade, cociñade, movédevos, rídevos e SEDE FELICES!

A MAIORES... Déixovos unhas tarxetas con PRAXIAS para traballar o ton bucofacial, a través de movementos da lingua, beizos e cara, que nos prepara para o desenvolvemento correcto da linguaxe.

             
Feliz mércores 🐞🐞!!




CUMPREANOS FELIZ CAROL

BOS DÍAS FAMILIAS!!
HOXE É UN GRAN DÍA. QUEREDES SABER POR QUE? HAY OUTRA XOANIÑA QUE CUMPRE 4 ANIÑOS!! UNHA PISTA:
Co seu flequillo, é lider nata deste grupiño.
Axuda sen pedirllo, a xoaniñas e xoaniños.
Quen é?
CAROL


FELIZ CUMPREANOS LINDA. SOPRA AS TÚAS CATRO VELAS. COME A TÚA TARTA. E DISFRUTA DO TEU DÍA!!

Podes decorala ti se queres. Ou o resto de nen@s e regalámoslla a Carol. Que vos parece?

Continuamos coa nosa rutina. E hoxe imos seguir traballando lóxica-matemática.

Fixádevos! Imos compoñer os 4 aniños de Carol... Como? Coa regleta vermella. De que número era?

A regleta do número 4 é de cor rosa. Podedes coller as regletas que xa vos ensinei outras veces e xogar facendo composicións (papá ou mamá ide guiándo@s e fixándolles a atención).


Escribe o número 1 ou 2 segundo corresponda. 
É A FICHA NÚMERO 8 DO CADERNO DE LÓXICA. Despegar as pegatinas do 1 ou 2 e pegalas segundo corresponda.

AQUELES QUE TEÑADES O CADERNO PODEDES FACER A FICHA NÚMERO 9 EN VEZ DE ESTA.

Déixovos para rematar un vídeo para relaxarnos antes de irnos para a camiña por exemplo.









FADAS E TRASNOS

Bos días!

Comeza unha semana máis e imos cargala de maxia e ilusión!

Estamos a piques de rematar o bloque das fadas e trasnos do noso proxecto de Seres Fantásticos, e gustaríame facelo con dous talleres. O ideal sería realizalos ao aire libre. Sería xenial! Pero se non contades cun pouco de xardín, abrimos ventás e respiramos aire limpo e fresco. 

As fadas e os trasnos disfrutan xogando a estas dúas cousiñas. List@s?

TALLER DE POMPAS DE XABÓN


PRECISAMOS:
1. Un vaso que nos sirva de medida
2. Xabón
3. Gomina
4. Auga
5. Un bol
6. Unha palliña
E se queredes darlles cor... Colorante.






Facer pompas de xabón mollando en pintura de cores tubiños de papel hixiénico.


TALLER DE COLARES DE CORES


PRECISAMOS:
1. Cordón (dun grosor manipulable pol@s nen@s. Non moi fino)
2. Macarróns
3. Pinturas de cores.

INSTRUCIÓNS:
1. Pintamos ao gusto os macarróns e deixamos secar.
2. Introducimos os macarróns no cordón ata ter un colar tan longo como queiramos.
3. A presumir!


Feliz semana Xoaniñ@s!! 😘






UY, QUE DE COUSAS COA LETRA E!




Comezamos! Un venres máis! Feliz día!

Rodeamos todas as letras E das palabras da canción.

VASOIRA/ ESTRELA / GATO / ESPADA / MAZÁ / ESTOXO / ESCADA / OURIZO / CAMIÓN
Segunda ficha: Rodear a vogal E de cor azul.



Hoxe o traballiño de mesa foi intenso. Ben feito! Agora queredes facer un pequeno xogo?

PRECISAMOS: 
-5 vasos reciclables (ou outro recipiente)
- As 5 vogais
- 1 culler
- Varias boliñas (que caiban na culler e non sexan demasiado pequenas) coas vogais debuxadas

INSTRUCIÓNS:
1- Collemos unha boliña e miramos que vogal é.
2- Poñemos a culler na boca
3- Levamos a boliña ao seu vaso correspondente.

Xa case rematamos... Só vos queda... XOGAR, XOGAR MOITO E DIVERTIRVOS!! Disfrazádevos, facede torres, carreiras cos cochiños, explorade materiais...

Como material complementario... déixovos unhas actividades de GRANDE/MEDIANO/PEQUENO:


E unha secuencia de tamaños para traballar a lóxica e a atención:


Colorea as flores ao gusto. Recórtaas polas liñas de puntos. Pégaas de MÁIS PEQUENA a MÁIS GRANDE.


Facédelo moooooi ben! Sodes xeniais! Un bico!







23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO


Bos días pequen@s lector@s!

Hoxe celébrase o Día do Libro, asíque disfrutade dos contos que máis vos gusten. Enchede as vosas mentes de historias incribles e mundos por descubrir. Ler cámbianos e apórtanos moito. Ler é cultura. Ler é crecer.

Durante os dous primeiros trimestres, entre todo o colexio, estivemos creando o CONTO VIAXEIRO. Comezamos nós, os de 3 aniños, cunha bruxiña encantadora que tivo mala sorte coa variña. Así empeza... "Había unha vez unha bruxa coa variña escacharrada. Quixo facer maxia e saiulle disparada"

Pero vouvos contar un segredo, mamás e papás destas Xoaniñas inxeniosas: non deixamos a cousa aí e CONTINUAMOS O CONTO.

Había unha vez unha bruxiña coa variña escacharrada.
Quixo facer maxia e saiulle disparada.
Foi dar contra a parede e fixo un furado enorme.
De repente, comezaron a oirse ruidos.
E a bruxa asustouse moito.
Pero o peor chegou cando do furado comezou a sair lume.
Que era eso? Que había detrás da parede?
UN DRAGÓN!!!!
Que susto colleu a nosa bruxiña cando o viu aparecer!
Que susto colleu o dragón cando viu á bruxiña!
Porque non era un dragón malo, senón un bo.
E os dous fixéronse amigos.
E colorín colorado... este conto está rematado!

Gardei este contiño como un tesouro na miña libreta ata ter a oportunidade de mostralo, pois paréceme unha obra fermosa da súa imaxinación. Que a fantasía siga crecendo!

A continuación déixovos o conto viaxeiro "A VARIÑA ESCACHARRADA"





Feliz día!!





SERES FANTÁSTICOS

Bos días familias!

Estamos a piques de celebrar o Día do Libro e hoxe con eles imos comezar... Fixesteis un gran traballo co noso contacontos particular 👏👏 ESPECTACULAR! Como non podo contárvolo en persoa e que sintades o tacto, o olor... déixovos un vídeo:

O MONSTRO DE CORES




Tras este ratiño disfrutando co noso monstro, gustaríame que buscarais recortes, pegatinas, cachiños de papeis de cores... para encher os botes das emocións de elementos da cor que lle corresponde.


Pinta o monstro da cor da emoción que falta. Cal é?



E, xa que estamos falando de cores... ocórreseme... Papá, mamá, recordades o xogo Twister? Imos facer algo similar (sen falar ainda de lado dereito e esquerdo).


"Man a cadrado vermello", "Pé a círculo verde", "A outra man ao triángulo azul"
...

Desta forma, ademais, traballaremos as figuras xeométricas que estivemos repasando esta semana.

P.D.: Calquera dos xogos, contos, cancións, poesías, actividades... propostas podedes recuperalas en calquera momento, especialmente se lles gustaron. Adaptámonos aos seus gustos.

A maiores, déixovos material complementario de lóxica.

E un fermoso xogo de atención.


Que teñades un feliz mércores! Somos un equipo! Xa queda menos! 

Un bico forte!




CARREIRA XEOMÉTRICA

Bos días! 

ASEMBLEA: Recordade a rutina da asemblea que vos expliquei nunha actualización anterior. É unha boa maneira de comezar o día, dándolles protagonismo, expoñéndolles a rutina que seguirán (o que lles aporta confianza e seguridade)  e traballando multitude de aspectos básicos.

Vou comezar remarcando o carácter lúdico da educación, especialmente nestas idades. E é que é tan trascendental que non se nos pode esquecer en ningún momento. Por iso... hoxe que imos traballar as figuras xeométricas, empezaremos cun xogo: unha carreira. Imos precisar preparar o seguinte material:
          - 5 caixas de cartón ou calquera outro recipiente.
          - 3 triángulos 
          - 5 círculos (de cores diferentes)
          - 7 cadrados (de cores diferentes)


O xogo é sinxelo. Cada participante ten que colocar todas as súas figuras dentro da caixa correspondente. Gaña quen as coloque todas. Non perde ninguén.

PARA SEGUIR XOGANDO: Un "árbitro" vai dando consignas e cada participante ten que buscar esa figura e correr para levala á caixa correspondente.
Exemplo: "Triángulo vermello", "Círculo azul"...
OLLO: O árbitro pode facer trampa e dicir unha figura cunha cor que non temos. Hai que estar atent@s!!

E agora que xa corremos, rimos, xogamos... sentamos un ratiño e activamos a concentración? É un bo momento!


Pintamos seguindo as instrucións, recordando a estación tan fermosa na que estamos. Por iso podemos acompañar o traballiño de mesa coa obra "As catro estacións. A primavera" de Vivaldi.




Como material complementario... Entrade na seguinte ligazón para ler a "Historia dun cadrado"


E realizamos a seguinte ficha: 

Se temos posibilidade, picamos cun punzón as liñas de puntos do cadrado superior, tendo coidado de non picar os laterales, pois é un fiestra.
Repasamos os catro cadrados de abaixo.

Unha vez rematado, podedes coller as letras do alfabeto que vos deixei en días anteriores (ou outras que teñades na casa) e escribir o nome C A D R A D O.

Para finalizar o día... que dicides se collemos a nosa paleta de cores e nos convertimos en pintores? ARTE: Hoxe, recordamos a Kandinsky, que xa traballamos cando presentamos o círculo...


 Ainda que a nosa obra quedou inconclusa 😢 Déixovos unha plantilla por se vos apetece facer a vosa propia versión.

Feliz martes 🐞🐞




A MOVER O ESQUELETO




Moi bos días a tod@s!!

Comeza unha nova semana e imos empezala con enerxía e alegría, movéndonos!

Por medio do movemento, @s nen@s desarrollan a súa capacidade de pensar e comunicarse ao interactuar co mundo. Son seres que actúan, e usan o seu corpo para expresarse, aumentando a confianza en si mesm@ e a autoestima.

Hoxe propóñovos un CIRCUITO DE PSICOMOTRICIDADE


Papá, mamá, irmáns maiores... preciso de vós para preparar todo o circuito. Necesitamos:

          - Cinta de empapelar
          - Unha tira de papel hixiénico, corda, cinta, cordón...
          - Un globo 
          - Unha caixa de cartón
          - Unha tapa
          - 3 ou 4 cadeiras
          - Un premio a elexir (que agocharemos)

Imos converternos en aventureir@s sen medo a nada 💪, en busca dun tesouro agochado. Para o que temos que superar estes obstáculos. Estades preparad@s?

Vou contarvos a historia de " A BÚSQUEDA DO TESOURO "

Había unha vez un tesouro. Un tesouro que todo o mundo quería. 
Aventureir@s e explorador@s de todos os lados percorrían o pobo de arriba abaixo.
Naide o daba atopado.

Pero... shhhhhh! Vouvos contar un segredo: eu sei onde está!

Temos que buscar a montaña máis alta da zona (miramos a un lado e outro e escenificamos que a estamos vendo)
Alí está! Védela? Poñede as botas de escalar e collede unha corda (escenificar).

Imos!
Aí está! Lanzade as cordas ao cumio, e a trepar ata atopar unha cova (escenificar que nos metemos nela gateando).

Coidado porque está chea de perigos e imos ter que pasar un montón de probas!

Preparad@s?



Facemos o percorrido de ida. Collemos o tesouro. E volvemos facelo de volta para disfrutar do premio.

Calquera dos estadios pódense adaptar segundo as posibilidades que teñamos na casa.

ALTERNATIVAS: 
1. Colocar unha fila de bonecos e pasar en zig-zag.
2. Debuxar unha mariola en vez dos cadradiños con cinta de empapelar.
3. Agochar o globo nuncha caixa con arroz e inflalo.
4. Escalar polo sofá, cruzalo e baixarse con coidado.
5. Diseminar un montón de botes, botellas, recipientes... polo chan, e teñen que cruzalo nas puntiñas dos pés sen que ningún caiga.
...


Que tal o pasasteis?

Para completalo xogo, podedes facer a seguinte manualidade con tubos de papel, promovendo sempre valores de coidado e conservación do medio, a través do uso de material de refugallo nos nosos traballos. Só precisades 2 tubos de papel hixiénico, tiras de cores (feitas con folio, cartulina ou gomaeva, segundo posibilidades), pegamento e un trociño de cordón.


1. Pegar os dous tubiños.
2. Recortar tiras de papel (facerlles as liñas rectas).
3. Poñerlles un cordón para colgar.

Aproveitando o xogo de psicomotricidade e imaxinación e a realización da manualidade, é o momento de xogo libre e simbólico. Podemos poñer á súa disposición os seus propios traballos artísticos para que interactúen con eles e creen mundos e xogos propios; así como disfraces ou complementos para que se caractericen.

Non temos por que ter ocupado todo o seu tempo! Debemos darlles momentos sol@s, e incluso de aburrimento, nos que activar o seu cerebro e desarrollar a súa intelixencia, autonomía, independencia e autoestima e autoconcepto.

Iso si... preguntámoslles que tal están e como se senten. Poñerlles nome ás emocións e sentimentos é básico para crecer fortes e saudables psicoloxicamente.

E... para o traballo de mesa... déixovos unhas fichas de grafomotricidade:

Realizar con diferentes técnicas.
- Lápis, cera, rotulador.
- Con pintura de dedos e o dedo mandón.
- Con témpera e un bastonciño dos oídos.
- Pegando lentellas, gomets...
- Facendo churriños de plastiliña e dándolles forma.

Pintamos as flores de cores. Facemos churriños de plastilina verde, dámoslle forma e pegamos.



Repasamos con rotulador. Recortamos pola liña.

O traballo de hoxe foi basicamente corporal, para reforzar o desarrollo motor groso e fino. Así como o coñecemento do noso corpo. Por iso, para finalizar, simplemente, poderían debuxarse a si mesm@s nun folio en branco (primeiro soliñ@s e cando acaben axudámoslles co esquema corporal facendo fincapé en que aparezan todas as partes do corpo).

Feliz luns Xoaniñ@s!





RUTINAS. A ASEMBLEA


Bos díaaaas!!

Hoxe, para comezar o día, vouvos pedir un pouquiño de preparación de material. Imos empregar estas letras (outras similares que teñades na casa, ou que queirades facer vós, valen perfectamente). Imos precisar varias unidades de cada.

Unha vez listas... COMEZAMOS A ASEMBLEA! Unha especial na que tod@s seredes encargad@s!

Preparad@s? Poñemos a coroa de encargado e...




Agora, buscamos o noso nome e escribímolo coas letras que preparamos anteriormente (Igual que na clase, recordades?)

Facémolo de modo manipulativo


     

Este é o noso alfabeto da aula. Buscamos e coloreamos as nosas letras (se algunha está repetida poñémoslle 2 cores)

pasamos lista... Quen está na casiña e quen non? Mamá, está? Papá, está? Avoa, está? Avó, está?...



Cantos estamos na casa? Cantos fóra dela? Contamos, escribimos e representamos coas regletas.


Pintamos só as regletas q necesitemos. Se somos 3 na casa, coloreamos de verde claro a regleta 3.
Cantas regletas do número 1 necesitamos para construír o 3?
(Se tedes a oportunidade, facede varias unidades de cada -especialmente do número 1- para manipulalas e construír os números).

 Continuamos co día da semana. Que día é hoxe?

Sempre facemos os días da semana en lingua de signos tamén.


Usamos as letras do principio para escribilo, facendo fincapé no seu sonido (como falan?)


Finalmente... O MÁIS IMPORTANTE... COMO VOS SENTIDES HOXE?


As emocións, despois de tantos días na casiña, xa están a flor de pel. A nosa rutina viuse truncada, necesitamos ver @s nos@s amig@s, saír, correr, xogar libres...
Traballar as emocións e a súa expresión, o seu recoñecemento, é unha tarea esencial da nosa educación para formar persoas psicoloxicamente sanas e fortes.
Debemos traballar cada día a asertividade e o aprender a expresalas sen ferir ao resto, e a nós mesm@s.
Falar delas e demostrar comprensión e empatía é unha peza clave do noso puzzle mental.
ASÍQUE, CADA DÍA, PREGUNTÉMONOS (A TODOS OS MEMBROS) COMO NOS SENTIMOS E POR QUE, DÉMONOS UN ABRAZO FORTE OU UN SORRISO, E DEMOSTRÉMONOS CARIÑO.


A maiores, hoxe déixovos traballo de repaso da VOGAL E. Recordade que as letras están na nosa contorna, en todos os lados, e precisamos aprendelas e recoñecelas, e saber como falan, para poder interactuar con ela.

Buscade pola casa un xornal, unha revista... e mirádeo coa vosa lupa de detective, en busca de todas as letras E que atopedes (recortámolas coidadosamente e pegámolas nun folio, o folio do E).

Se ainda vos quedou ganiña de traballar... unhas fichiñas sinxelas... (ATENCIÓN! Se nos saturamos, paramos, descansamos, xogamos, merendamos... Temos tempo! Seguide os vosos ritmos!).




Recoñecemento do E.


Trazo do E.

Atención. Busca todos os E.


Por último, nunca nos esquecemos do noso lado creativo asíque... propóñovos unha adiviña. Unha dun animal cuxo nome comeza pola nosa vogal do día:


Véxoo na selva,
con toda a familia.
Coa nariz máis grande
que vin na miña vida.
De mil cores é a súa pel.
É o animal máis fermoso que poidas ver.
Quen é?


É ELMER
Emprega as letras do principio para escribir o seu nome. Fíxate, cantos E ten?
Decora os cadradiños coas cores, técnicas e material que máis che apeteza.
(Na aula faríamos un xigante para decorar por todos. Tamén podedes facelo e convertelo en actividade creativa familiar)

Na actualización de hoxe... desglosei un pouco a asemblea. É un momento que lles gusta moito, o ser encargad@s. Pódese converter nunha das vosas rutinas matinales. É unha rutina moi completa onde traballamos milleros de conceptos e onde nos expresamos e sacamos o que levamos dentro.

Recordamos unha vez máis o papel que as emocións xogan na nosa vida. Coidádeas, mimádeas!

Por esta semana xa me despido, achéganse sábado e domingo que son os nosos días preguiceiriños, asíque a xogar moito, descansar e disfrutar.

Un biquiño para @s miñ@s Xoaniñ@s!

Bo finde!




XOVES, 16 DE ABRIL. QUE DÍA ESPECIAL É HOXE?


Unha pistiña...




Siiiiii... Hoxe MARIO ESTÁ DE CUMPREANOS 💙💚💛💜 MARIO FAISE MAIOR!

Xa que non podemos celebralo contigo, imos facerche cada un debuxo, que vos parece? E, ademais...


TODO CUMPREANEIRO TEN QUE TER A SÚA COROA ESPECIAL

Decorámola ao gusto e escribimos un número 4.

E... como non podía faltar, a tarta para soprar as velas.


É un cumpre diferente. É un cumpre especial. Espero que o disfrutes ao máximo, que sexa un día con moitas sorpresas, cargado de bos recordos!



FELIZ CUMPREANOS!



NÚMERO 2. O PATIÑO

Bos días familias!

Despois destas merecidas vacacións, toca recordar un número moi feitiño, que ten cabeza redondiña, corpo alongado e cola de pato. Cal é? 

Moi ben! O 2. Si si, de cor vermella. Coa súa regleta vermella.


Se non tedes punzón, un escarbadentes e unha esponxa valen. Outra opción, é puntealo de cores con rotuladores.



Que fácil foi hoxe verdade? Que vos parece se nos imaxinamos que estamos no noso recanto da lóxica, cos números, as balanzas, o ábaco, as regletas, os dominós...? Pois hoxe a profe tenvos unha sorpresa! Unha caixiña co fondo cuberto de area (ou unha bolsa transparente). Para que será? Estades impacientes? Sei que si, e que queredes ser tod@s @s primeir@s en probala (e que sorte... tod@s teredes a vosa propia caixiña 😊). Xa estamos diante. LEVANTADE DEDIÑO MANDÓN! Agora debuxade o número 2 na area, tantas veces como queirades. Pero nada de "chafalladas" ☝Cabeza redonda, corpo alongado e coliña de pato. Empezamos pola cola? NON NON! Facemos a cabeza recta? NON NON! Deixamos o patiño sen corpo? NON NON! 

ATENTOS! Cabeza redonda, corpo alongado e coliña de pato. Papá, mamá... podedes poñerme un modelo diante.



👏👏👏👏👏👏👏👏 Estou segura de que o fixesteis fenomenal! E que o pasasteis xenial tamén. 

Agora, despois de traballar tan ben, podedes seguir xogando coa caixa (sempre cun modelo). Podedes facer debuxos sinxelos, formas xeométricas, outros números, letras... O VOSO NOME! 

E NON SÓ HOXE... HAI QUE PRACTICAR O NOME TODOS OS DÍAS!!

Escribímolo e contamos: cantas letras ten? Cal é a vosa inicial? E a letra número 2?



A continuación, déixovos un vídeo para traballar as cantidades do número 1 e 2. Sempre hai que ir recordando contidos. Non por avanzar podemos ir esquecendo o xa aprendido.







E, para rematar... HORA DE XOGAR! XOGO LIBRE! XOGO TRANQUILO E RELAXADO! Escoitade esta música mentres.






Que teñades bo día Xoaniñ@s!




SERES FANTÁSTICOS

Bos días Xoaniñ@s!!

Xa estamos de volta! Hoxe vai ser un día máxico!






Despois deste divertido capítulo, abride moi ben os olliños porque imos facer maxia! (Mamá, papá, familia... é o voso momento de deixal@s coa boca aberta cuns trucos de maxia😉)



Tras este ratiño de ilusión, propóñovos as seguintes manualidades:






Sinxelas, fermosas e divertidas... Para pasar unha mañá fabulosa!



Xa sabemos que as fadas e os trasnos fan maxia, pero... onde a teñen? Nas ás? No nariz? Nas orellas picudas? NOOOOOOO!

Unha estreliña, moi estrelada, na punta dun pau está clavada.
Móvese para un lado, móvese para o outro.
E o que con ela sucede non é un conto.
Que é?
 A VARIÑA MÁXICA

A maxia dos trasnos nunha prenda moi especial reside.
Cóbrelles a cabeza, onde os feitizos viven.
Que é?
O GORRO


Pinta como máis che guste as variñas das fadas e os sombreiros dos trasnos.

Une cada ser co seu nome. Repasa os nomes e intenta escribilos ti nas liñas de debaixo. Colorea os debuxos como máis che guste.

Rodea as vogais A coa cor vermella.


Canto imos coñecendo destes seres maravillosos!!! O próximo día máis cousas interesantes!!



Por certo, como vedes, estamos falando da fada e o trasno da primavera, onde florecen as árbores, crecen as flores... que tal a vosa faba? Como crece? Coidádea moito e farase moi grande!



E, finalmente, UN CONTO MOI ESPECIAL: "O conto das mariposas"






AGORA A XOGAR, A DESCUBRIR, A VIVIR!! SODES MAXIA!!

Bo día!




UN MUNDO CHEO DE FORMAS


Bos días!

Xa é venres 😀! Levantémonos, miremos pola ventá e observemos 👀. Que forma teñen as casas dos nosos veciños? E as árbores? As carreteras? Os coches? As flores? Os animais? 

Para comezar o día divertíndonos, o que sería a nosa ASEMBLEA, propóñovos a seguinte actividade, que podedes facer en varios días:

PASO 1: Debuxar en folios de cores as diferentes formas xeométricas: círculos, cadrados, triángulos, rectángulos, óvalos, estrelas, rombos... (varios de cada).

PASO 2: Recortala con coidado pola liña (se non sale perfecto non pasa nada. Estamos aprendendo!).

PASO 3: Poñemos as formas nunha cesta e creamos figuras libremente.

PASO 4: Facemos figuras segundo un modelo dado. Por exemplo:



Na seguinte ligazón hai moitas actividades para facer e manipular as formas xeométricas:



Despois deste ratiño de xogo, toca activar a nosa concentración, sentarnos un pouco, coller o lapis (collémolo ben, recordade!) e comezamos co TRABALLIÑO DE MESA 📝.

Un pato cuadrado
es un poco raro.
Cuando nada dice:
cua, cua, cua
¿Cua, cua, cua? Cuadrado!



Agora si... As fichiñas de hoxe son:

Repasa os puntiños e traza as liñas rectas do cadrado. Despois decórao como máis che guste.


Nesta ligazón, atoparedes un xogo para facer puzzles coas formas xeométricas:

Como material complementario para a xornada, déixovos traballo de lóxica:
:



E, para finalizar, como non, unha canción. Unha con sorpresa, pois ten adiviñas. A ver se sabedes de que animais están falando?



Bo día 😘




E, E, E


Continuamos coas vogais. Hoxe é o turno da letra E.

O primeiro que debemos recordar é que as letras están en todas as partes. Que nos serven para comunicarnos, para ubicarnos, para informarnos...

Como sempre vos digo, o ensino nesta etapa debe ser lúdico, musical, significativo. Por iso, as mestras de EI traballamos tanto con cancións, poesías, adiviñas...

Comezamos... Feliz xoves!



A música enriquece o espírito, entra polo oído e chega directa ao corazón, e por iso nos queda gravada na memoria. Que mellor maneira de aprender!

Hoxe, na asemblea, debuxaríamos un E xigante, para decoralo como máis nos gustase dando renda solta á creatividade. Nunha caixa poñería variedade de material para q cada nen@ decidise cal empregar e como. Que vos parece se facedes o mesmo?


Para decorar libremente con diversos materiais (ceras, manley, rotuladores, plastilina, pintura de dedos, co dedo ou co pincel, lanas, papeliños de cores, xornais, papel de cociña, papel albal, garabanzos, pasta, sopa, pauíños, follas, flores, area, estampado de formas, ect).

Un xogo máis antes do traballiño de mesa...

Ao igual que coa letra A, podedes sacar esas lupas de detectives e buscar por toda a casa esta vogal E. Abride ben os olliños porque están por todas as partes. Agochadas entre os vosos contos preferidos, nas caixas dos vosos xogos favoritos, no paquete de cereais, na bolsa das galletas... Son escurridizas, coidado! Non deixedes escapar ningunha.



Entre outras moooooitas cousas, as letras sérvennos para escribir os nosos nomes. Asíque imos traballar o seu recoñecemento neles. 





Unha vez rematada a fichiña, é hora de xogar por recantos, cada un e cada unha no que escolla. Fagamos un pouco de xogo libre. 

Como material complementario, déixovos unhas actividades moi fermosas para traballar coa tesoira.















Nas dúas primeiras facemos o trazo primeiro con rotuladores de cores; e logo recortamos polas liñas.
O debuxo da abella primeiro recortámolo e pegámolo; e logo pintamos a gusto.



Rematamos o día cun pouco máis de xogo libre e relaxación.




Un día menos de encerro! Nós podemos! Somos un equipo!





HOXE COÑECEREMOS O NÚMERO 2





Bos días!

Hoxe damos un chimpo na nosa escaleira de regletas e chegamos ao número 2! Wooow...! Que regleta tan chula! É de cor vermella e fórmase ao colocar xuntas DÚAS REGLETAS do número 1.

Pensádeo... 1 e 1. Levantamos un dedo dunha man. E outro da outra. 1 e 1. Cantos temos? 2. O 2 de cor vermella (pódense todos os exemplos imaxinables). Fixádevos: 



Imos traballar un pouquiño máis o concepto do número 2. Precisamos un folio enteiro e dúas metades. 

-Comezamos presentando a primeira metade, á que lle debuxaremos un número 1. Ao seu lado, pegadiña, colocamos a segunda metade, na que escribiremos outro número 1. Así xa temos 1 e 1.

- Unha vez o comprendan (de forma visual é moito máis fácil), demostraremos que o número 2 se compón desa maneira, co 1 e 1. Como o faremos? Sinxelamente! Colocamos encima o folio enteiro e observamos que ten a mesma medida que as dúas metades xuntas. Finalmente, escribiremos o número 2



Como xa comentei co número 1. Debemos traballalo en todas as súas vertentes. Hoxe preséntovolo desde a súa representación máis visual, a través da súa composición, a través da súa regleta, que recordemos é de cor vermella.

As actividades online son un gran recurso motivador en nen@s que naceron informatizad@s, polo que debemos usalas para traballar contidos de forma lúdica e significativa. Propóñovos os seguintes xogos:



De igual modo, o medio, o contorno, o fogar, a rutina... son excelentes propiciadores de aprendizaxes. Por que non empregalos de maneira eficaz? Podemos contar unidades para cociñar, os pratos que se precisan para comer tod@s en familia, as pezas de froita que comemos, as veces que lavamos as mans... E podemos debuxar o número 2 por todas as partes (na fariña coa que facemos o pan, con macarróns antes de poñelos a cocer, cun laaaargo churro de plastilina, na terra da leira, na area, con pedras, con herbas do xardín...).

Déixovos máis material de traballo de mesa, para complementar. Pero recordade, estamos comezándoo, acheguémonos dunha forma manipulativa, lúdica, musical. Logo pasaremos ao trazo.

O 2 é un patiño
que está tomando o sol.
Quere refrescarse 
e pégase un chapuzón.
Se queres escribilo,
presta moita atención.
Primeiro a cabeza.
Despois baixa, baixa.
E xa se acabou.


Pinta o número 2 das cores que queiras

Deixa pegadas de cor vermello co teu dedo mandón (dedo índice da man dominante)

Colorea a nena e pega papeliños de cores no número 2

Feliz mércores! Un día menos para volver a vernos! Forza e ánimo!





QUE COMEN AS FADAS?


Ben é sabido por tod@s que as fadas vólvense tolas coas lambetadas, dámoslles algo de comer?

Hoxe pásome para propoñervos un sinxelo TALLER DE MERENDAS CREATIVAS.  Imos a darlle ás nosas fadas e trasnos unhas lambetadas moi sanas. A ver se conseguimos que proben diferentes froitas.

E, xa que estamos na primavera, por que non elaborar unhas flores de froita?  Gustaranlles?


Se as cubrides cuns fíos de chocolate seguro que non fada nin trasno que se resista.


E, xa que estamos creativ@s... por que non aproveitar o momento despois da merenda para un pouco de debuxo libre. O tema será: "UNHA PAISAXE DE PRIMAVERA". Que deixen volar a imaxinación e creatividade!

Ou, simplemente, pintura creativa con este debuxo. Vos decidides!


Finalmente... Onde están os círculos?

Feliz martes!





OS 5 SENTIDOS




Bos días!

Un luns máis hai que comezar a rutina nos fogares e desde aquí lánzovos unha proposta moi interesante: UN TALLER SENSORIAL, para explorar os 5 sentidos en familia.

A idea é crear 5 recunchos nos que experimentar con un dos sentidos.

Recuncho táctil: Podemos incluir múltiples obxectos e materiais ou sustancias de diferentes texturas (liso, rugoso, áspero, suave, peludo, rizo...), para tocar coas mans ou pés.


Recuncho visual: Trátase de expoñer os seus olliños curiosos a diferentes imaxes e actividades nas que podemos traballar discriminación e atención.

 

Recuncho olfativo: Podemos facer bolsiñas ou botes de olor (colonia infantil, colonia de adulto, ovo cocido, flores, velas, especias...).

Recuncho gustativo: Aquí podemos expoñelos a infinidade de alimentos e líquidos, con diferentes sabores e texturas (chocolate, limón, puré, caramelo, cacahuetes, plátano, mazá, cenoria, gusanitos, iogur...).



Recuncho auditivo: Traballaremos a discriminación do son e o silencio, sons fortes e baixos (subindo e baixando o volume). E, se queredes completalo, poñédelles sons de animais para que os recoñezan.


Que vos parece pasar unha mañá explorando os vosos sentidos xuntos en familia?




Feliz luns! Entre tod@s faremos isto posible!





O MEU CORPO


Bos días familias!

Xa é de día, quenta o sol, e o noso corpo ten ganas de moverse. Aí vamos... "Nunca deixedes de bailar"!







Que ben o pasamos!! 

E agora, para relaxarnos un pouquiño, debuxámonos moi guap@s! Coa cabeciña redonda, un corpo alargado que remata en dúas pernas rectas e fortes e en dous pés que corren ben rápido. Non esquezades os dous brazos e as dúas mans cos seus cinco dediños; sen elas non poderíamos agarrar, abrazar nin facer cóxegas.

Xenial!

Mmmm... Pero fáltanos algo, que será? A ver se esta poesía nos dá algunha pista. Escoitade atent@s! (Repetila varias veces, parándose a que a repitan el@s).

Na miña cara redondiña
teño ollos e nariz
e tamén teño boca
para comer e rir.

Cos ollos vexo todo.
Co nariz fago ¡achist!.
E coa boca eu como
flocos de maiz.

E para rematar... unha sesión de tesoiras? Seguro que vos encanta!

Pintámolo, recortámolo e volvemos a montalo.

Bo fin de semana! Cada día é un menos para volver a estar tod@s xunt@s. Moito ánimo!





HOXE VAI DE XOGOS


Hoxe propóñovos unha serie de xogos para fomentar un desarrollo intelectual completo, traballando áreas imprescindibles para un correcto aprendizaxe (linguaxe, memoria, razonamento, comprensión, resolución de problemas, toma de decisións...).


QUEN SE FOI? 

Escoller dous obxectos e presentárllelos. Que diga o seu nome e algunha característica (cor, tamaño, forma...). E seguidamente, esconder un deles mentres manteñen os olliños pechados (coidado coas trampas). Terán que saber cal falta.

Iredes complicándolles o xogo de forma progresiva, ata 4 obxectos. Sempre co mesmo proceso, facéndolles centrar a atención nos obxectos e falando acerca deles.



Xogo de memoria, atención e linguaxe.


OS GARABANZOS E AS FABAS NON SE MESTURAN CO ARROZ

Colocar nunha bandexa arroz e mesturar uns garabanzos e unhas fabas. Cunha culleriña terán que separar os garabanzos para un bol e as fabas para outro (Poñer cantidades que poidan contabilizar despois).



Podemos mesturar calquer outro elemento que consideremos.

Xogo de resolución de problemas, agrupamentos e clasificación.


RAZONAMENTO ONLINE




Xogos de razonamento lóxico.


Na seguinte páxina, hai multitude de xogos que lles encantarán:




XUNTOS RESISTIREMOS!




NÚMERO 1

Canto sabemos del? Sabemos...

1. Axúdanos a contar unha porción de biscoito para almorzar (os números están presentes desde que despertamos pola mañá)

2. Só necesitamos un dediño para representalo.

3. Para escribilo, sempre comezo no piquiño, e "subo a montaña e baixo ata o río".

4. A súa regleta é UN cadradiño de cor branca.

5. Seino asociar á súa cantidade (unha mazá, unha cor, un bico, un xoguete...).

6. Seino diferenciar de outros números.



Podedes atopar multitude de material en                                                     http://esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com/2018/10/fichas-numero-1.html


É importante traballalo en todas as vertentes, non só o trazo.

Feliz mércores.




CARTA ÁS XOANIÑAS


Aínda que non temos un tempo primaveral, esta xa chegou! As árbores floreceron, despertaron milleiros de flores de cores nos prados, os paxariños cantan e recende mellor.

Este é un bo momento para comezar a construir o noso XARDÍN FANTÁSTICO.

IMPORTANTE:
1. Empregar materiais de refugallo
2. Construir con materiais que resistan a intemperie, pois faremos a composición nun anaquiño de xardín exterior.

MÁIS IMPORTANTE:
1. Os nenos e nenas serán axentes activos na súa realización.
2. Debemos escoitalos e atender as súas ideas.

Unha maneira de presentarlles esta manualidade e de implicalos é a través da seguinte carta:








FADAS E TRASNOS
23 de marzo de 2020

Colexio Juan Rey
Aula das Xoaniñas, 3 anos
Vilanova de Lourenzá

Estimadas Xoaniñas e Xoaniños,
As fadas e trasnos que vivimos neste pobo queremos mudarnos cerquiña de vós, para vervos medrar, divertivos e aprender.
Pero precisamos da vosa axuda e da das vosas familias. Axudádesnos a construir un pequeno bosque fantástico onde mudarnos con todos os nosos amigos e amigas máxicas destas fragas e bosques?
Sabemos que sodes moi creativos e creativas e non queremos poñer ningún límite. Só recordade que vamos estar nun recunchiño do voso xardín, á intemperie, asíque facédenos un fogar resistente.
Por último, e non menos importante, loitamos polo coidado da natureza, polo que empregade só materiais de refugallo.

Un millón de grazas e biquiños.

As fadas e trasnos de Lourenzá.


Ben é sabido por eles e elas que os trasnos nos fan falcatrúas en canto nos despistamos, asíque podedes desordenar os seus recunchos dos xogos e esconder entre os xoguetes a carta, que diredes que lle caeu a un trasno despistado durante a noite. 

Estas son algunhas ideas, pero quero dar liberdade creativa. É así como xorden as obras máis fermosas.


Primaverais saúdos!






AS CORES E JOAN MIRÓ


Está demostrado que a educación artística, en todas as súas vertentes, enriquece e desarrolla o cerebro e a intelixencia. En Educación Infantil, as cores, as formas, a música, o silencio, o movemento, o ritmo... e calquera outra forma de arte, son a expresión do noso interior. E, como tal, necesitámolo para exteriorizar aquelo que levamos dentro e para coñecer e experimentar o noso entorno.

Estes días dentro da casiña, os adultos tamén necesitamos manternos fortes e equilibrados, por iso propoño un día de "ARTE EN FAMILIA", da que tod@s nos beneficiamos, ademais de compartir tempo de calidade e aprendizaxe xunt@s.

Para iso... quen mellor que Joan Miró, que nos achega ás cores primarias e secundarias a través dunha pintura infantil e de formas sinxelas.

El comienzo del día


Despois de observar a obra, sería un gran exercicio tratar de representala. Primeiro libremente e logo coa axuda desta plantilla:



Que vos parece se entre tod@s facemos unha exposición dos fermosos traballiños que salirán?

Feliz día!





AMANECEMOS CONTANDO

Hoxe déixovos unha canción para non esquecernos do número 1. É importante non ensinárllelo como algo abstracto e alleo á súa vida. Os números están en todas as partes e sérvennos para organizar o noso día a día. Os nenos e nenas disfrutan moito da música asíque que mellor maneira de achegarnos a novos coñecementos!








@S DETECTIVES DO A

Para non olvidarnos de todo o que xa sabemos, aquí vos deixo unhas plantillas para facer con el@s unhas divertidas lupas (onde traballaremos o círculo e liña recta), coas que buscaremos por toda a casa papeliños coa letra A. Vamos a aprender movéndonos, curioseando e observando!


Déixovos outros enlaces de xogos:




E, a maiores...


Bo día familias! ESTAMOS XUNTOS NESTO! 






FADAS E TRASNOS

A puntiño está de comezar a primavera, e que mellor maneira de achegarnos a ela que a través das nosos queridas fadas e trasnos. Aquí vos deixo un capítulo dos debuxos animados "El reino de Ben y Holly" no que se mostran os cambios que se producen na natureza.



Igualmente, propóñovos facer o "EXPERIMENTO DA FABA" para que vexan como é proceso de crecemento das prantas.
Nun tarriño transparente, colocamos un par de fabas e cubrímolas cun cachiño de algodón húmido (e mantémolo así, non empapado, durante os días que tarde en saír). 
Observamos o proceso e disfrutamos dos novos descubrimentos.



TODO VAI SAIR BEN!



O ENCARGADO DO DÍA


Calquera día, despois das rutinas de baño e aseo, sentamos en semicírculo para comezar a asemblea. Cada día, un neno ou nena é a ENCARGADA OU ENCARGADO.
QUE EMOCIÓN!!

Propoño para estes longos días de illamento:
CADA DÍA UN MEMBRO DA FAMILIA PODE SER O ENCARGAD@.

Palabras clave:,
RESPONSABILIDADES, AUTONOMÍA, AUTOESTIMA, APRENDIZAXE, VALORES, IGUALDADE.

Pasos a seguir:
1. ESCRIBIR O NOME. Calquera forma é válida (letras magnéticas na nevera, con tiza nunha pizarra, con lápis/rotulador/cera nun papel, co dedo nunha caixa de area...). É posible que precisemos axuda. 

2. SABER COMO SE SINTE. A educación emocional e un autoconcepto positivo parten da identificación das emocións nun mesmo e nos demais, e do seu trato con respecto. Por iso, despois de dicir como se sente el/ela, deberá preguntar ao resto. Sempre aplaudimos a alegría e consolamos a tristeza, cansancio ou enfermidade. TOD@S SOMOS AMIG@S!

3. OBSERVAR O ENTORNO
          - Estamos tod@s na casa? Cantos estamos na casa? Cantos traballando? Cantos facendo os recados básicos? (Estaremos a traballar lóxica-matemática: números, trazo, representación (pódese representar de múltiples maneiras -palillos, garabanzos, pegadas con pintura de dedos de diferentes cores...-, conceptos -dentro/fóra, máis /menos, máis que/menos que, grande/pequeno, arriba/abaixo...-, lóxica -agrupacións, comparacións...-).
          - Que día é hoxe? Cal é a nosa rutina?
        - Que tempo fai hoxe? Observación da natureza, consecuencias (se fai frío, poño o abrigo; se chove, non podo sair...), valores de coidado do mediaoambiente.

4. ESCOLLER UN TEMA DE CONVERSACIÓN. Con alternativas varias: cancións, poesías, contos, experimentos...

5. ASUMIR E REPARTIR RESPONSABILIDADES. Quen fai que? Tod@s podemos axudar na casa!

Un aplauso para o encargad@ e comezamos o día!

Déixovos unha ligazón acerca da importancia das RUTINAS nos nenos e nenas: RUTINAS. Nenea, medrar creando https://www.facebook.com/1532976303652406/posts/2607038276246198/ 




As nenas e nenas de 3 anos...

1. TEMOS QUE QUEDARNOS NA CASA. É O RECOMENDABLE E MÁIS RESPONSABLE PARA COS NOSOS MAIORES E DEMAIS FAMILIA.

2. QUEREMOS XOGAR MOITO. ASÍ ESTAMOS APRENDENDO!

3. TEMOS QUE DORMIR BEN. MOI IMPORTANTE ESTAR FORTES!

4. TODO ESTÁ INVENTADO: INTERNET APÓRTANOS MOITO MATERIAL. Se queredes traballar con nós, isto é o que estamos facendo na aula:

          NÚMERO 1: Trazo, cantidade, lóxica.

          CONCEPTOS BÁSICOS: a nosa vida diaria, ubicación espacial, temporal...

          VOGAL A: Trazo e recoñecemento.

          LÓXICA


Ningún comentario:

Publicar un comentario

queres deixar a túa opinión?