O pasado mes de outubro, aproveitando as froitas que nos ofrece o outono, e grazas á colaboración da familia de Sofía, que nos trouxo uvas, decidimos levar a cabo un obradoiro no que elaboramos viño. Aquí tedes unhas fotos do proceso.
|
Primeiro pisamos as uvas (que previamente lavamos) en dúas tinas, nunha as brancas e noutra as negras |
|
Así quedaron as brancas unha vez pisadas cos pés |
|
E así quedaron as negras |
|
Observamos o zume que deixaron |
|
Entón colamos un pouco de zume (mosto) |
E probámolo...qué rico!!!
|
Un pouco do que nos sobrou deixámolo macedar en botellas, e o resto nas tinas, para que se convertise en vinagre. Ao longo dos seguintes días fomos vendo cómo ía cambiando, e tamén o olor que ía soltando! |
|
Despois de pasar varios días no laboratorio do colexio, colamos o viño. |
Éste é o resultado!!! |
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario
queres deixar a túa opinión?