28/06/13

Os gusanos xa son bolboretas...

Os vermes de seda da aula de 4 anos saíron dos seus capullos, en forma de bolboretas, xusto antes de rematar o curso, e están poñendo un montón de ovos...que temos que guardar para a próxima primavera, cando volverán a nacer novos vermes. Con este pequeno proxecto aprendemos o proceso de nacemento, crecemento e transformación dos vermes en bolboretas, e foi moi interesante ver día a día os cambios. Aquí vos deixamos unha foto do calendario gráfico que fumos elaborando según iban cambiando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

queres deixar a túa opinión?