18/04/13

Taller de Cociña: Easy Cake I

TALLER DE COCIÑA: EASY CAKE

Os nenos e nenas de Infantil decicimos ser cociñeiros por un día.
Primeiro escollemos entre todos a receita que íbamos a elaborar, e despois puxémonos mans á obra.
Buscamos os ingredientes, puxemos o noso gorriño de cociñeiro, e practicamos os hábitos de hixiene previos á elaboración do noso pastel.


Primeiro encargamos todo o necesario para a súa elaboración. Utilizamos:
Azúcre
Chocolate
Cacao
Leite condensada
Manteiga
Galletas
Anotamos a receita nunha pizarra, xunto coas cantidades, para non esquecernos de nada. Puxemos un manteliño diante de cada neno, e empezamos a desmenuzar as galletas, que logo se foron engadindo xuntos cos demáis ingredientes. Unha vez rematado, metemos a masa nunha bolsa de plástico, e envolvémola con papel film. Metémola na nevera e deixámola alí ata o día seguinte.
O millor de todo foi probarla e comprobar o seu sabor exquisito.
Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso. Pasámolo moi ben!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

queres deixar a túa opinión?